INDIVIDUAL
Adulto (entrada + degustación de viño): 5€
+65 anos (entrada + degustación de viño): 3€
Menores entre 6 e 18 anos (entrada): 2€
Menores de 6 anos: GRATIS
EN GRUPO
Adulto (entrada + degustación de viño): 5€
+65 anos (entrada + degustación de viño): 3€
Menores entre 6 e 18 anos (entrada): 2€
Menores de 6 anos: GRATIS
Non é necesaria a inscrición previa.
Acceso ao museo ata 45 minutos antes do peche de portas.
Recoméndase chegar co tempo de antelación suficiente para desfrutar da visita e da degustación (1h 15min).
Grupos de 15 persoas ou máis, con reserva previa (mínimo unha semana):
museocienciavino@concellodesalvaterra. org
617 148 866
As listas de visita configuraranse por orde de inscrición, segundo data e hora. Non se garantiza disponibilidade de visita ata que o personal do museo confirme a reserva. O aforo regularase segundo a normativa vixente.
CONDICIÓNS DAS TARIFAS:
Para os residentes censados na “Eurocidade: Salvaterra-Monção” efectuarase un desconto do 50% sobre a tarifa correspondente.
O pago efectuarase EN EFECTIVO.
Os grupos poden realizar o pago das tarifas a través da conta bancaria do Concello de Salvaterra de Miño, previa petición ao persoal do Museo.
As tarifas entraron en vigor a partir do luns día 15 de xullo de 2019.
MEDIDAS ANTE CANCELACIÓNS E RETRASOS NAS RESERVAS DE GRUPOS:
A. CANCELACIÓN:
Por parte do visitante/grupo ou empresa:
Entenderase como cancelación, toda aquela solicitude, comunicada ao persoal do Museo da Ciencia do Viño por correo electrónico ou vía telefónica. Non se aceptarán cancelacións por calquera outra vía.
A cancelación non suporá ningún coste, nin ningún proceso de abono xa que non se esixe ningún depósito para a realización da reserva. Non obstante, si non existe notificación de cancelación por parte do visitante/grupo ou axencia nas seguintes visitas e de forma reiterada, entonces e unicamente se lle poderá esixir o pago anticipado dunha parte das entradas en concepto de reserva.
O aumento do número de participantes, sempre deberá ser solicitado por escrito como unha modificación que non aplicará penalización, pero que deberá realizarse con máis de 24h de antelación. Se dita notificación non se produce, o persoal do museo terá a potestade para denegar a realización da visita.
Por parte do Museo da Ciencia do Viño:
Se por causa suficiente ou forza maior, o persoal do Museo da Ciencia do Viño se vira na imposibilidade de prestar un servizo no día ou nas condicións pactadas, ofreceremos a posibilidade de optar por un cambio de datas ou de visitar outros recursos turísticos municipais durante esa xornada.
B. RETRASO E ANULACIÓN:
Os retrasos afectan directamente á planificación das nosas axendas e comprometen a calidade das visitas, é por isto que se contemplan os seguintes supostos e como estos afectan a cada unha das partes implicadas.
Por parte do visitante/grupo ou empresa:
Entenderase o retraso na visita reservada como unha anulación, cando o visitante/grupo se retrase máis de 30min da hora acordada e non se notifique o retraso nas vías de comunicación aceptadas (enténdase: correo electrónico ou vía telefónica). Quedando suxeita a realización da visita á disponibilidade do persoal do Museo da Ciencia do Viño, aínda supoñendo esta situación a non realización da mesma.
Por parte do Museo da Ciencia do Viño:
Se por causas de forza maior, o persoal do museo se retrasa na realización da visita, ofrecerá como compensación: a extensión da mesma ou a posibilidade dun cambio de data.
APARCADOIRO:
O Museo dispón de aparcadoiro público nas inmediacións.
ACCESIBILIDADE:
As instalacións do Museo da Ciencia do Viño son accesibles de modo autónomo por parte de calquera persoa, así como o recinto amurallado de Salvaterra, salvo a terraza e a parte alta da Muralla á que só é posible acceder a través de escaleiras.